InicioSucesosDetido por realizar tocamentos a varias mulleres no bus urbano de Vigo

Detido por realizar tocamentos a varias mulleres no bus urbano de Vigo

O acusado, de 22 anos, agardou "tranquilamente" a que chegara a policía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, B.B.R., de 22 anos de idade, como presunto autor de varias agresións sexuais, tras realizar tocamentos a catro mulleres nunha parada e no interior dun bus urbano. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado sábado, cando unha muller se atopaba nunha parada de bus da rúa Venezuela sobre as 21,45 horas. A muller foi abordada por un home que comezou a realizarlle tocamentos e que, ao gritar e resistirse ela, abandonou o lugar, sendo gravado pola muller co seu teléfono móbil.

Unha vez que ela subiu ao autobús, decatouse de que ese home estaba no interior e comprobou que había outras tres mulleres que tamén foran vítimas de tocamentos, entre elas unha moza menor de idade, que quedou bloqueada e non soubo como reaccionar. Unha das mulleres advertiu á condutora do autobús, que se puxo en contacto coa Policía Local. Ao lugar desprazouse unha dotación do 092, que se entrevistou coas mulleres, mentres que o presunto agresor sexual atopábase “sentado tranquilamente” no bus. Tras solicitar os testemuños das vítimas, os axentes procederon á detención deste individuo, B.B.R. de 22 anos de idade.

ÚLTIMAS

Vigo acolle o VII VigoSaxForum cunha semana de concertos e actividades arredor do saxofón

O barrio vigués de Valladares converterase desde este domingo 29 de xuño e ata...

Falece unha persoa tras ser rescatada do mar por un particular en Nigrán

Unha persoa perdeu a vida na noite deste sábado na Praia América, situada na...

Entra en prisión provisional o detido pola agresión sexual a un menor nos baños do Vialia

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda,...

Evacúan en helicóptero unha muller que visitaba as Illas Cíes tras sufrir un grave problema de saúde

Unha muller de 56 anos e nacionalidade portuguesa foi evacuada este sábado en helicóptero das Illas Cíes,...