InicioSociedadeA área de Vigo descende en casos, novos contaxios e hospitalizados con...

A área de Vigo descende en casos, novos contaxios e hospitalizados con covid

Con todo, segue sendo a segunda área con máis hospitalizados positivos: 42.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia volveu a subir lixeiramente ata o total de 213 ingresados, tres máis que hai un día. Isto prodúcese polo incremento dos pacientes covid en unidades de coidados intensivos (UCI), que ascenderon ata os 34 –catro máis–, aínda que baixaron lixeiramente os que se atopan en planta, ata o 179 –un menos–.

Esta situación dos centros sanitarios contrasta con outros parámetros como os casos activos da enfermidade, que continúan á baixa e sitúanse nos 2.167, de acordo cos datos que ofrece este domingo a Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do sábado. Mentres tanto, os novos contaxios detectados por calquera tipo de proba en 24 horas descenderon ata os 92, unha quincena menos que o día previo.

Na xornada de onte, o Servizo Galego de Saúde realizou 3.287 probas diagnósticas; cifra superior á do pasado sábado pero que segue quedando moi por detrás das do resto da semana. Con estes datos, a taxa de positividade dos tests realizados sitúase no 2’3%, dentro do limiar de seguridade da OMS. 

VIGO MELLORA EN TODOS OS INDICADORES

No que respecta á presión hospitalaria, tres áreas sanitarias experimentaron un lixeiro repunte. Non foi caso da de Vigo, que a pesar da subida na UCI a oito pacientes (+1), en planta descenderon a 42 (-2). A baixada de casos activos no conxunto da comunidade replícase no caso da área olívica, descendendo ata os 581, 24 menos que o pasado sábado. Poe último, tamén os novos contaxios descenden en Galicia e Vigo: nas últimas 24 horas foron detectados 14, 13 menos.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...