InicioEconomíaA CIG esixe á Xunta medidas para garantir o futuro da automoción...

A CIG esixe á Xunta medidas para garantir o futuro da automoción galega

O sindicato trasladou a súa aposta polos vehículos híbridos e a gas e porque os compoñentes para os coches eléctricos "se fagan onde están as fábricas de vehículos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG esixiu á Xunta “que se poña á fronte do necesario proceso de transformación da automoción galega”, de forma que estableza medidas que permitan a este sector “estratéxico” para Galicia adaptarse “ás novas realidades económicas e laborais” e garantir o seu futuro.

Así o trasladaron este mércores en Vigo o secretario da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, e a responsable da automoción da federación, María Xorsé García, nunha rolda de prensa na que fixeron pública unha serie de propostas actualizadas –as previas eran de 2018– en defensa do sector.

Segundo indicaron, o obxectivo foi adaptar estas medidas “á nova realidade económica e laboral derivada da pandemia de covid”. Ademais, repararon tamén nas “ameazas” asociadas á transición enerxética, a colación do que incidiron en que “é fundamental que o sector aposte por automóbiles menos contaminantes”.

Igualmente, trasladaron a súa aposta polos vehículos híbridos e a gas e porque os compoñentes para os coches eléctricos “se fagan onde están as fábricas de vehículos”. “Xa anunciaron unha megaplanta de baterías en Cataluña, pero en Galicia tiñamos que contar cunha instalación deste tipo para non perder competitividade”, selaron.

Neste marco, demandaron que a Xunta active un plan para atraer plantas de fabricación de novos compoñentes para coches eléctricos, que se lance unha tarifa eléctrica para a automoción e que se desenvolva un proxecto destinado ao almacenamento de hidróxeno.

Finalmente, reclamou a creación dunha mesa galega da automoción; o impulso dun plan galego para a industria do automóbil; o desenvolvemento dun marco galego de relacións laborais; a aplicación do convenio sectorial ou de empresa principal a todo o persoal do sector; e a limitación do teletraballo.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...