InicioSucesosDetido por violencia machista un home despois de dar patadas e puñadas...

Detido por violencia machista un home despois de dar patadas e puñadas á súa parella en plena rúa

A muller indicou que se iniciou unha discusión entre ambos, e nun momento dado el propinoulle varias patadas nas pernas e puñadas na cara, tras o que levou as súas pertenzas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia de xénero a un veciño da cidade de 54 anos, que supostamente propinou patadas nas pernas e puñadas na cara á súa parella no transcurso dunha discusión en plena rúa.

Tal e como informou a Policía Local, sobre as 14,45 horas deste xoves unha patrulla desprazouse ata o Camiño Maceiras, concretamente ao parque do Centro Cívico de Teis, tras recibir un aviso de que un home subtraera varias pertenzas a unha muller.

No lugar, a muller manifestou que, pouco antes, un home ao que coñecía agrediuna e subtraeulle unhas lentes de sol –valoradas en 500 euros–, unha figura e un teléfono móbil. A muller facilitou aos axentes datos sobre a indumentaria do home e a dirección que seguira.

No entanto, pouco despois a muller recoñeceu que este home era o seu actual parella. Así, indicou que se iniciou unha discusión entre ambos, e nun momento dado el propinoulle varias patadas nas pernas e puñadas na cara, tras o que levou as súas pertenzas.

Os axentes verificaron que a muller presentaba unha contusión no pómulo e un ollo, así como erosións no pescozo e as pernas. A pesar diso, negouse a que a atendese unha ambulancia, indicando que se trasladaría polos seus propios medios a un centro sanitario.

Mentres, as patrullas buscaban ao home, quen ao ser interceptado levando algunhas das pertenzas da muller, recoñeceu discutir coa súa parella. Manifestou entón que ela estaba “moi bébeda” e que “nun momento dado cravoulle unha hostia”. Por iso, procederon á súa detención por un delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...