InicioSociedadeAbel Caballero garante que se construirá a Biblioteca do Estado

Abel Caballero garante que se construirá a Biblioteca do Estado

O alcalde ubica a súa instalación no soar municipal á beira dos actuais xulgados da rúa Lalín. A Xunta critica que o proxecto reduce as dimensións do solicitado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este martes que se construirá na cidade a Biblioteca do Estado, financiada polo Ministerio de Cultura, e iso a pesar das “cambadelas” da Xunta.

O rexedor referiuse ao encontro que mantivo nas últimas horas co ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, e garantiu que o Goberno mantén o seu compromiso coa construción desa infraestrutura cultural. “Segue toda a tramitación en proceso”, asegurou e sinalou que a biblioteca se construirá no soar municipal á beira dos actuais xulgados da rúa Lalín, onde hai “espazo sobrado”.

“Só lamento que a Xunta non dea facilidades”, engadiu, e sinalou que o goberno de Núñez Feijóo “está a pór cambadelas” porque non quere que Vigo conte con esas dotacións. “A Feijóo gústalle máis a biblioteca de Pontevedra. Pero a de Vigo vaise facer con ou sen a Xunta”, proclamou.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda, o Goberno galego denunciou que a Caballero “lle serve calquera biblioteca, mesmo unha que reduce á metade o plan de usos remitido pola Consellería de Cultura”.

Así, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou que o Goberno central non só non destina máis que 100.000 euros á Biblioteca nos Orzamentos Xerais de 2021, senón que “corrixe á baixa e reduce á metade o proxecto de necesidades” remitido polo Executivo autonómico.

“Non podemos admitir unha superficie menor dos 8.000 metros cadrados que recollemos en documento, xa que un menor espazo non daría resposta á demanda actual”, afirmou Fernández-Tapias, quen criticou que o alcalde “admita” as intencións do Ministerio.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...