InicioPolíticaMarea de Vigo pide políticas integrais contra a violencia machista logo de...

Marea de Vigo pide políticas integrais contra a violencia machista logo de 184 casos atendidos polo 092 desde 2020

A concelleira Oriana Méndez lamentou que Vigo careza dun observatorio municipal contra a violencia de xénero, algo que xa existe noutros concellos galegos e no Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo alertou este mércores da “necesidade perentoria” de implementar políticas integrais contra a violencia de xénero ante o número de casos atendidos pola Policía Local da cidade, 184 desde principios de 2020.

A concelleira Oriana Méndez lamentou que Vigo careza dun observatorio municipal contra a violencia de xénero, algo que xa existe noutros concellos galegos e no Estado, para analizar como se manifesta e como evoluciona esta violencia contra as mulleres na cidade, para poder mellorar as intervencións sociais, tanto preventivas como asistenciais.

Por outra banda, criticou, o Concello olívico tampouco dispón dun plan integral contra a violencia de xénero que planifique a loita contra as violencias machistas en “o tres eixos fundamentais” que, ao seu xuízo, son “a prevención, xunto á formación e sensibilización; a detección e acción integral; e a coordinación interinstitucional para optimizar a execución das medidas planificadas”.

Segundo Oriana Méndez, as partidas consignadas no orzamento municipal vigués para a loita contra a violencia de xénero “son desgraciadamente irrisorias e nin se executan”, unha situación que non se pode explicar só pola pandemia de COVID, senón que “xa vén de antes”.

Finalmente, a concelleira de Marea de Vigo engadiu que tamén é fundamental garantir unha vivenda estable ás vítimas e aos seus fillos, e facer efectivos os acordos da moción aprobada en 2017, sore a adhesión de Vigo á rede de cidades libres de trata. A ese respecto, reclamou a creación dunha unidade de traballo social especializada para mulleres prostituídas, que poida apoialas para saír da súa situación e cubrir as súas necesidades de vivenda e alimentación.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...