InicioEconomíaO Colexio de Enxeñeiros Industriais defende que Vigo "é un emprazamento idóneo"...

O Colexio de Enxeñeiros Industriais defende que Vigo “é un emprazamento idóneo” para a fábrica de baterías

Destaca que Galicia "dispón da materia prima, o litio, e dunha armazón de grupos de investigación e empresas ligadas á automoción".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os comités de Industria e Automoción do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia manifestou que a área de Vigo “é un emprazamento idóneo” para a instalación dunha fábrica de baterías para vehículos eléctricos para España e Portugal.

O Colexio puxo en valor que Galicia “dispón da materia prima, o litio, e dunha armazón de grupos de investigación e empresas ligadas á automoción que están a desenvolver e fabricando vehículos eléctricos, sendo a máis significativa Citroën”.

A iso engadiu que a zona “ademais dispón dunha potente infraestrutura loxística, económica, social e empresarial“, incluído o tecido de automoción do norte de Portugal e os centros de investigación de Vigo e Ourense, o “que xeraría sinerxías moi importantes para unha factoría destas características”.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...