InicioSociedadeUnha investigación da UVigo estuda viralizar contidos para combater as fakenews

Unha investigación da UVigo estuda viralizar contidos para combater as fakenews

O proxecto complétase coa creación dun banco de recursos para a alfabetización dixital e mediática da cidadanía, así como cun curso de formación en liña para adultos e con recursos educativos abertos para alumnado de educación secundaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo Sepcom da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (UVigo) iniciou unha investigación pola que tratará de identificar os factores que contribúen a facer virales os contidos xerados polos ‘fact-checkers’, é dicir, polas iniciativas de verificación de feitos e de desmentido de noticias falsas.

Os profesores Alberto Dafonte e Mabel Míguez son os investigadores principais deste proxecto, titulado ‘Narrativas dixitais contra a desinformación. Estudo de redes, temas e formatos nos fact-checkers iberoamericanos’. Trátase dunha iniciativa que foi seleccionada na convocatoria de proxectos de ‘Retos Investigación’ do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Dafonte comentou que “a desinformación circula de forma moi rápida“, un marco no que este proxecto busca “coñecer que están a facer os que loitan contra ela”, xa sexa a través de seccións específicas de medios convencionais ou organizacións sen ánimo de lucro.

En concreto, este estudo, que se prolongará ata 2022, céntrase na análise dos contidos difundidos en 2020 por 17 ‘fact-checkers’ de España, Portugal, Bolivia, Brasil, Arxentina, México, Colombia, Perú, Ecuador e Venezuela, incluídos e a ‘International Fact-Checking Network’.

O obxectivo será analizar as características comúns das mensaxes que xeraron unha maior interacción en redes sociais e identificar aqueles parámetros cuantificables que puidesen influír na difusión, como a frecuencia ou horario de publicación, a adaptación dos contidos ás distintas redes sociais ou o uso de aplicacións de mensaxería.

Ademais, estudaranse as temáticas máis frecuentes nestas publicacións, xa que, sinalou Dafonte, detectouse que aínda que as informacións falsas “están sempre ligadas á actualidade de cada momento, existen certas temáticas recorrentes”, como aquelas relacionadas coa política, a inmigración, os movementos feministas e LGTBI e a saúde.

O proxecto complétase coa creación dun banco de recursos para a alfabetización dixital e mediática da cidadanía, así como cun curso de formación en liña para adultos e con recursos educativos abertos para alumnado de educación secundaria.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...