InicioPolíticaAbel Caballero denuncia que Vigo "non está na axenda de Feijóo cando...

Abel Caballero denuncia que Vigo “non está na axenda de Feijóo cando vai a Madrid”

O alcalde de Vigo tamén expresou a súa satisfacción polas bonificacións das peaxes na AP-9, despois de que fose o PP, segundo insistiu, o que ampliase a concesión da autoestrada ata 2048. "

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “nunca ten a Vigo na súa axenda cando vai a Madrid” a reunirse co presidente do Goberno ou con ministros, e defendeu, no entanto, a acción do Executivo na cidade: “O Goberno de España sempre dixo si a todo o que lle pedín”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico criticou que o presidente galego non falase “do AVE Vigo-Madrid directo por Cerdedo” con Pedro Sánchez, ou que non expuxese a creación dunha planta de baterías na área viguesa, como si pretenden impulsar o Concello e Zona Franca. “Así lle vai, que en Vigo non o queren”, resolveu, e asegurou que, con respecto a esa planta de baterías, o Goberno central e o Concello están “en sintonía”, xa que a implantación dunha fábrica en Cataluña non significa que non poida haber outra na área viguesa.

Caballero referiuse ao compromiso da administración central coa saída de sur ferroviaria, cuxo estudo se licitará en abril, e lembrou que o PP pretendía “imposibilitar” esa saída ferroviaria, ao deseñar a chegada do AVE á estación de Urzáiz en superficie. “Eu convencín ao Goberno para que fóra en túnel (…), levo 12 anos pelexando por isto, e xa temos garantida o saída sur”, proclamou o alcalde.

Por outra banda, tamén expresou a súa satisfacción polas bonificacións das peaxes na AP-9, despois de que fose o PP, segundo insistiu, o que ampliase a concesión da autoestrada ata 2048. “E que dicía Feijóo entón? Dixo que si, estivo caladiño sen dicir nada”, afirmou.

Finalmente, o rexedor fixo alusión á conexión ferroviaria do Porto de Vigo, e reiterou que esa conexión “non se vai a facer nunca polo medio da cidade”, á vez que precisou que, cando el foi presidente da Autoridade Portuaria, defendeu unha conexión por tren “por fóra de PSA e por baixo da VG-20”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...