InicioSucesosInterceptado en Mos un camioneiro que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia

Interceptado en Mos un camioneiro que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia

A Garda Civil denunciouno por unha infracción moi grave, que supón a detracción de seis puntos do seu permiso de conducir, así como unha sanción de 1.000 euros e a inmovilización do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Tráfico interceptou o xoves a un camioneiro que, ao hablerle realizado a proba de alcholemia, deu un resultado de 0,58 miligramos por litro en aire respirado, case o cuádruplo do 0,15 máximo permitido para a súa profesión.

Segundo informa a Benemérita, ocorreu sobre as 19,45 horas da tarde, no marco dun control de transportes establecido por axentes do Destacamento de Tráfico do Porriño na N-550.

Ao dar o alto a un vehículo articulado, o seu condutor, un veciño de Cangas de 63 anos, foi requirido para realizar a preceptiva proba de alcoholemia, na que deu positivo cunha taxa de 0,58.

Por isto mesmo, a Garda Civil denunciouno por unha infracción moi grave, que supón a detracción de seis puntos do seu permiso de conducir, así como unha sanción de 1.000 euros e a inmovilización do vehículo. Ademais, foi denunciado por dúas infraccións á normativa de transportes por estrada.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...