InicioSociedadeO presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, a súa muller e...

O presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, a súa muller e a súa filla pasan a disposición xudicial

A entidade provincial xa foi condenada en dúas ocasións a abonar un total de 6 millóns de euros ao Consello Xeral de Enfermaría de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, Carlos Fernández, a súa muller e a súa filla chegaron aos xulgados de Vigo, onde está previsto que comparezan ao longo da mañá deste venres, 12 de marzo, ante o titular do xulgado de instrución número 2, que os investiga por varios supostos delitos relacionados con irregularidades na xestión das cotas do organismo colexial.

Así, pouco antes das 10:00 horas, chegou ao edificio dos xulgados de Vigo o furgón policial que transportaba aos investigados, que permanecen nos calabozos ata que comparezan ante o maxistrado para responder polos supostos delitos de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal.

Fernández, a súa muller e a súa filla foron detidos nas últimas horas no marco dun operativo coordinado polo xulgado e levado a cabo por axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) da Policía Nacional.

Ademais das detencións, os axentes levaron a cabo rexistros no domicilio do presidente do Colexio, e na sede do organismo, na rúa Aragón de Vigo, onde se incautaron de diversa documentación.

FALTA DE PAGAMENTOS

Fontes consultadas por Europa Press coñecedoras da investigación explicaron que o operativo está vinculado con falta de pagamentos por parte do Colexio ao Consello Xeral de Enfermaría de España.

De feito, a entidade provincial xa foi condenada en dúas ocasións a abonar un total de 6 millóns de euros ao organismo nacional por non sufragar a porcentaxe correspondente das cotas que satisfán trimestralmente os colexiados.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...