InicioEconomíaMarea de Vigo reclama que calquera axuda pública a Barreras estea ligada...

Marea de Vigo reclama que calquera axuda pública a Barreras estea ligada á entrada no accionariado

Marea de Vigo considera "impresentable falar de quitas ou axudas públicas cando nin sequera se liquidaron as débedas con auxiliares".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou que calquera axuda ao estaleiro vigués Fillos de J. Barreras (agora propiedade de Ritz Carlton) por parte de entidades públicas, sexa a Xunta ou sexa o Goberno a través da SEPI, estea vinculada á entrada no accionariado da empresa.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez, lamentou que a xestión do estaleiro é “desastrosa” e “absolumente opaca”, tras saberse que o cruceiro de luxo que está en construción nas súas bancadas será levado a dique seco a outro lugar para a finalización dos traballos.

“A marcha do barco e a falta de perspectivas futuras de carga de traballo son a plasmación evidente de que os novos accionistas só viñeron rematar o buque da súa propiedade e cargarlle as débedas ao estaleiro, evitando sobrecustos”, denunciou.

Marea de Vigo considera “impresentable falar de quitas ou axudas públicas cando nin sequera se liquidaron as débedas con auxiliares”, e sinalou que “a sensación xeneralizada no sector é que á fronte do estaleiro non hai ninguén, e só opera o interese de Ritz Carlton para acabar o cruceiro lejo ao menor custo”.

De feito, engadiu Rubén Pérez, en Barreras “non hai interlocutor claro” e tampouco está claro que o barco en construción vaia a regresar á bancada viguesa tras os traballos en dique seco, ou que se vaian a saldar as débedas.

Por todo iso, insistiu en que calquera quita de débeda ou axuda pública debe ir acompañada pola entrada no accionariado da administración correspondente, sexa a autonómica ou a estatal, “para dar certeza a posibles encargos e solvencia a armadores que queiran contratar no estaleiro”, e para que o persoal e os provedores teñan “un interlocutor claro”.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...