InicioPolíticaO PP vigués acusa ao goberno local de non executar 110 millóns...

O PP vigués acusa ao goberno local de non executar 110 millóns en 2020

O portavoz do grupo municipal popular, Alfonso Marnotes, lamentou que, a pesar dese baixo nivel de execución, os cidadáns tivesen que pagar "os impostos máis altos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou este mércores que o goberno de Abel Caballero “deixou sen executar” 110 millóns de euros do orzamento de 2020, “o peor ano para os vigueses”, e lamentou que, a pesar dese baixo nivel de execución, os cidadáns tivesen que pagar “os impostos máis altos” e sectores como hostaleiros e comerciantes non tivesen axudas directas para afrontar as consecuencias da pandemia de COVID.

“Parécenos vergoñoso que o alcalde non investise eses 110 millóns. Estamos ante o peor ano para Vigo, con peche de empresas, coa hostalaría e o comercio tentado sobrevivir e negándoselles axudas municipais, e agora atopámonos con que hai 110 millóns que o alcalde non quixo gastar por decisión propia”, criticou o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes.

Segundo o edil ‘popular’ é “unha vergoña” que o alcalde “se ría dos vigueses”, aos que non axuda mentres ten máis de 100 millóns “na hucha”.

Ademais, lembrou que, ao rexedor socialista, “enchéuselle a boca” presumindo do “maior e mellor orzamento da historia de Vigo”, “cansouse de facer a ‘V’ da vitoria” e agora ponse de manifesto que executou “pouco máis da metade” dese orzamento.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...