InicioSociedadeA Academia Galega de Seguridade Pública formará a case cen policías portuarios...

A Academia Galega de Seguridade Pública formará a case cen policías portuarios de Vigo

Grazas a este convenio, poderán beneficiarse de formación especializada en materia de seguridade e facer cursos prácticos na AGASP, onde se ofrece "formación integral".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case un centenar de policías portuarios de Vigo poderán recibir formación na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), en virtude dun convenio de colaboración subscrito este mércores entre o presidente do Porto olívico, Jesús Vázquez Almuíña, e o vicepresidente galego e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda.

O acordo asinado, cunha vixencia de 4 anos (prorrogable), permitirá que os axentes que traballan na terminal viguesa poidan mellorar as súas capacidades, recibindo formación específica en función das necesidades que expoñan e dos cursos que demanden.

Vázquez Almuíña lembrou que os axentes portuarios (que son máis do 40 por cento do persoal propio do Porto de Vigo) contribúen ao bo funcionamento diario da terminal, e velan pola seguridade de todas as persoas que traballan no Porto, así como dos cidadáns e visitantes.

Pola súa banda, Alfonso Rueda destacou que, grazas a este convenio, poderán beneficiarse de formación especializada en materia de seguridade e facer cursos prácticos na AGASP, onde se ofrece “formación integral” a corpos como Policías Locais e bombeiros, e tamén cursos para axentes do Corpo Nacional de Policía ou Garda Civil.

O persoal da Policía Portuaria de Vigo está integrada por 94 axentes e a terminal conta cun centro de control no edificio central de Praza da Estrela. Desde alí, a Policía ten acceso a imaxes de máis de 200 cámaras situadas nas instalacións portuarias, desde a terminal de colectores de Guixar, ata o peirao de Bouzas.

Ademais de vixiar o que ocorre no Porto, estes policías son os encargados do control de acceso ao recinto, tanto de vehículos como de persoas, uns labores que se desenvolven 24 horas ao día, os 365 días do ano.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...