InicioSociedadeO Concello de Vigo insta á Xunta que suba o seu apoio...

O Concello de Vigo insta á Xunta que suba o seu apoio a ‘O Marisquiño’ a 500.000 euros

Abel Caballero, subliña que, en edicións anteriores, o Executivo autonómico "tamén declarou publicamente que ía aumentar o seu apoio ao certame vigués, pero finalmente non o fixo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo emitiu un comunicado, tras as declaracións da delegada da Xunta na área, Marta Fernández-Tapias, nas que insiste en que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo “debe incrementar a súa achega ao festival ata o medio millón de euros, igualando a contía destinada” por Concello e Deputación.

Tras o “esforzo” económico ata os 200.000 euros reivindicado pola delegada da Xunta en Vigo, o goberno local, que dirixe Abel Caballero, subliña que, en edicións anteriores, o Executivo autonómico “tamén declarou publicamente que ía aumentar o seu apoio ao certame vigués, pero finalmente incumpriu a súa palabra e non o fixo”.

“Esiximos un apoio equivalente ao de Concello e Deputación e que, esta vez,  se materialice”, remarca o comunicado, subscrito polo concelleiro de Festas e Participación Cidadá, Pablo Estévez.

“FALAR MENOS E PÓR MÁIS RECURSOS”

“Agora, de novo a Xunta e a súa delegada tomándolle o pelo á cidade. Practicamente non achegan nada a ‘O Marisquiño’ nin o apoiaron nas súas dúas décadas de historia. O que teñen que facer é falar menos e pór máis recursos, tanto como o medio millón de euros que dedicamos Concello e Deputación. ‘O Marisquiño celébrase en Vigo polo apoio de Concello e Deputación”, conclúe.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...