InicioSociedadePeche da Federación Veciñal de Vigo para evitar o desaloxo do seu...

Peche da Federación Veciñal de Vigo para evitar o desaloxo do seu local social

A presidenta da Federación, María Pérez, sinala que non quedou " outra que facer isto" porque non recibiron resposta por parte da Administración local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) iniciou un peche no seu local social ata que o Goberno vigués lle dea unha “solución” que evite o seu desaloxo mentres duran as obras de reforma do edificio onde se sitúa, na Praza da Princesa.

Tal e como trasladou a presidenta da Federación, María Pérez, non quedou ” outra que facer isto” porque non recibiron resposta por parte da Administración local, a pesar dos diversos escritos presentados e á concentración que levaron a cabo a semana pasada para reivindicar unha alternativa mentres duren as obras.

“Isto demostra que queren desaloxar só á Federación, seguro que nin sequera van tocar un só ladrillo dentro do noso local”, censurou Pérez, que avanzou que os membros da asociación non se van “a mover” mentres non se lles ofreza unha localización temporal.

Así, debido ás actuais restricións por covid, catro persoas permanecerán en todo momento dentro do local da Federación, de forma que se irán turnando membros das distintas asociacións que a compoñen.

Ao ser preguntado por este tema, o alcalde, Abel Caballero, cuestionou: “que asociación é? refírese a esa que non está ao tanto dos seus pagos co Concello? Esa asociación non pode optar a subvencións porque non está en condicións, non está ao tanto dos seus pagos co Concello”.

“NON LLE PODES CRITICAR”

A maiores, Pérez indicou que presentaron os feitos ante o xulgado, xa que consideran que esta situación ten que ver con que ao Goberno de Abel Caballero “non lle podes criticar ningunha das súas condutas”.

Unha vez que criticas ponche a cruz e perségueche; di que as asociacións que denuncian que os seus barrios están abandonados son negativas, son do PP, da Marea…; non é así, nós somos apolíticos no momento en que entramos por esa porta”, asegurou.

En todo caso, Pérez avanzou que manterán as súas denuncias “aínda que –lles– quiten o local”, posto que “a Federación non morre porque lle quiten o local”.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...