InicioSociedadeAtendidas catro persoas por inhalación de fume no incendio dun taller en...

Atendidas catro persoas por inhalación de fume no incendio dun taller en vigo

Estímase que provocou máis de 800.000€ en danos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de Bombeiros apagaron un incendio declarado nun vehículo estacionado no interior dunha nave de Vigo. Como resultado, catro persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume e producíronse danos valorados en 800.000 euros. Segundo informou a Policía Local da cidade olívica, sobre as 14:00 horas deste mércores recibiuse un aviso por un incendio nun vehículo aparcado nun taller situado dentro dunha nave da avenida Ricardo Mella.

Ata o lugar desprazáronse varias unidades policiais, así como dúas dotacións de Bombeiros de Balaídos, que comezaron os labores de extinción das chamas. Ademais, acudiron dúas ambulancias, que asistiron a catro empregados do taller por unha leve intoxicación por fume.

O xerente do establecemento trasladou aos axentes que o lume se orixinou na zona do taller, concretamente nun turismo no que estaba a traballar un operario. Así, produciuse unha pequena explosión tras a que se desencadearon as chamas. O traballador, xunto con outro compañeiro, tratou de apagar o lume cun extintor pero non foi capaz debido ao denso fume concentrado, polo que se procedeu a evacuar a nave.

No taller había nese momento un total de 10 vehículos, dos que catro –de alta gama– se viron afectados o lume. En total, nunha primeira estimación valoráronse os danos nuns 800.000 euros.

ÚLTIMAS

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...

Protesta pola sanción a unha traballadora que alertou dunha mala praxe nunha escola infantil

Decenas de persoas concentráronse na mañá deste xoves en Vigo tras a sanción a...

Médicos e enfermeiras alertan do colapso da Atención Primaria en Vigo: “As listas de agarda chegan aos 15 días, diga o que diga a...

Traballadores de Atención Primaria concentráronse este xoves ante o centro da saúde da rúa...

Rodman construirá tres novas patrulleiras para a Armada por 10,4 millóns

A Dirección de Xestión Económica da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada do Ministerio...