InicioSociedadeA ministra de Sanidad visita este xoves a planta de Biofabri onde...

A ministra de Sanidad visita este xoves a planta de Biofabri onde se fabrica a vacina de Novavax contra a COVID-19

A fábrica, do Grupo Zendal, está situada no Porriño e ademais de fabricar a vacina Novavax, tamén se está fabricando unha vacina española.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, visitará este xoves a planta de Biofabri, do Grupo Zendal, no Porriño, onde se produce a vacina da farmacéutica norteamericana Novavax contra o COVID-19 e onde, en colaboración co CSIC, trabállase tamén no desenvolvemento dunha vacina española.

Na súa visita, a ministra estará acompañada, entre outras autoridades, pola directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), María Jesús Lamas, e polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Segundo as previsións remitidas polo Ministerio, Darias manterá unha reunión de traballo cos responsables de Biofabri a partir das 12,15 horas, tras a que atenderá aos medios. A continuación, realizará unha visita polas instalacións.

Ademais de estar na planta do Porriño, está previsto que ao longo do día Carolina Darias manteña un encontro co alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero.

Darias non é o primeiro membro do actual Goberno de España que visita as instalacións de Biofabri. Así, en xullo pasado, o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, estivo na planta do Porriño, do mesmo xeito que o anterior ministro de Sanidade, Salvador Illa, que visitou a empresa en novembro pasado.

ÚLTIMAS

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...