InicioSociedadeO Chuvi, pioneiro en Galicia coa posta en marcha dunha unidade nutricional...

O Chuvi, pioneiro en Galicia coa posta en marcha dunha unidade nutricional multidisciplinar

O obxectivo é satisfacer as necesidades nutricionais de pacientes con diversas patoloxías ou problemas de saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Vigo puxo en marcha a primeira unidade multidisciplinar de soporte nutricional de Galicia, e unha de “as poucas deste tipo” que funcionan en España, co obxectivo de satisfacer as necesidades nutricionais de pacientes con diversas patoloxías ou problemas de saúde.

Segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), esta iniciativa nace por parte dos servizos de Farmacia Hospitalaria e de Endocrinoloxía, que buscan dar cobertura mediante unha atención preventiva e terapéurica a pacientes hospitalizados e ambulatorios relacionados co Servizo de Endocrinoloxía ou para os que se solicite unha interconsulta.

O traballo asistencial ofrecerase tanto no Hospital Álvaro Cunqueiro como no Meixoeiro, e desenvolverase en “estreita colaboración” cos centros de saúde e cos distintos servizos de hospitalización da área sanitaria. En total, na unidade colaborarán máis dunha vintena de profesionais de diversas categorías.

A coordinadora desta nova unidade, a xefa do servizo de Farmacia Hospitalaria, Guadalupe Piñeiro, destacou que este servizo “é fundamental para que os pacientes con distintas doenzas en domicilio ou hospitalizados poidan dispor dunha pauta nutricional que lles sirva para recuperarse e mellorar a súa calidade de vida”.

O Sergas indicou que no último ano na área Sanitaria de Vigo se atenderon case 4.800 pacientes con pautas nutricionais –dos que 724 recibiron nutrición intravenosa e o resto tiveron sorporte nutricional a través de sonda nasogástrica–, e realizáronse case 17.000 consultas externas.

ÚLTIMAS

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...