InicioSucesosSimula un accidente de tráfico para roubarlle a un mozo que parou...

Simula un accidente de tráfico para roubarlle a un mozo que parou a axudarlle

O detido ameazou a vítima para que lle entregase todo o diñeiro que levaba enriba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de roubo con forza a un home que, facendo uso dun desaparafusador, roubou a un mozo que se parou a socorrelo. porque parecía sufrir un accidente de tráfico.

A Policía Local comunicou que, sobre as 22,00 horas deste martes, un particular informou de que fora vítima dun roubo no Camiño da Igrexa. O home, de 25 anos, trasladou que, cando se dirixía ao seu domicilio no seu vehículo particular, observou que un turismo parecía ter un accidente.

Segundo manifestou, parouse ao seu lado para ofrecer axuda, tras o que un dos ocupantes –un home– introduciu medio corpo pola súa ventá do coche e, poñéndolle un desaparafusador no pescozo, ameazouno para que lle entregase todo o diñeiro que levaba. Así, deulle 50 euros.

Nese momento, outro vehículo dirixiuse en sentido contrario cara a eles e deu as longas, ante o que o agresor fuxiu á carreira. Ademais, unha muller que ía no turismo co agresor tamén se foi á carreira en sentido contrario.

Na entrevista cos axentes, a vítima facilitou a descrición do agresor e indicou que sospeitaba quen podía ser, achegando o seu nome. Tras pescudar o seu domicilio, os axentes acudiron ao lugar para abordar a esta persoa, e comprobaron que a súa vestimenta coincidía coa do ladrón.

O PRESUNTO AGRESOR

Este home achegou unha versión diferente á da vítima, negando os feitos e indicando que o mozo o increpou baixo a crenza de que el era o autor do roubo no interior do seu vehículo. No entanto, a testemuña dos feitos confirmou a identificación deste home.

Ante todas estas circunstancias, procedeuse á detención do home, vigués de 38 anos de idade e iniciais R.C.L.V., como presunto autor dun delito de roubo con forza.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...