InicioSociedadeO Fiscal pide máis de 67 anos de cárcere para o salesiano...

O Fiscal pide máis de 67 anos de cárcere para o salesiano acusado de abusar de seis menores

O acusado traballaba no centro María Auxiliadora de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman máis de 67 anos de cárcere para o salesiano Segundo C.V., que traballaba no centro María Auxiliadora de Vigo e ao que acusa de abusar sexualmente de seis menores durante un campamento de verán e nunha peregrinación a Santiago de Compostela.

O ministerio público reclama tamén que se lle impoña o afastamento e a prohibición de comunicarse cos menores, unha medida de liberdade vixiada por 8 anos, e a inhabilitación para desempeñar profesións ou ocupacións nas que puidese ter contacto con menores.

Así se recolle no auto de apertura de xuízo oral contra este relixioso, ditado polo xulgado de instrución número 4 de Cambados (Pontevedra), e no que tamén se reflicten as penas solicitadas pola Fundación Amigos de Galicia (que exerce a acusación popular e pide un total de 30 anos de cárcere) e as acusacións particulares, exercidas por parte das familias dos nenos (que piden un total de 54 anos de cárcere).

Segundo C.V. foi detido en xullo de 2019, despois das denuncias de varios menores sobre supostos abusos durante un campamento de verán en Cambados. Ao longo da instrución, o xulgado determinou que o investigado puido ter cometido abusos tamén noutras ocasións, como nunha peregrinación a Santiago, en abril dese ano, ou en xuño, no centro xuvenil Abertal, ao que acudiu outro menor para ver un partido de fútbol.

Na primavera de 2020, a súa defensa solicitou a súa saída de prisión (o fixera antes, pero sempre se lle denegou) e, tras un recurso estimado parcialmente, a Audiencia Provincial decretou a súa posta en liberdade provisional, baixo fianza de 12.000 euros.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...