InicioSociedadeUn acusado que traficaba con heroína e atropelou a un policía acepta...

Un acusado que traficaba con heroína e atropelou a un policía acepta catro anos de cárcere

Os axentes levaron a cabo un rexisto no seu domicilio e no seu vehículo, no que atoparon case medio quilo de droga e máis de 17.500 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, acusado dun delito contra a saúde pública -por vender heroína- e dun delito de atentado, en concurso cun de lesións, aceptou as penas impostas, que suman 4 anos de prisión e o pago dunha multa de case 51.000 euros, nunha vista de conformidade que tivo lugar na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

O procesado, Enrique A.C., recoñeceu os feitos que lle atribúe a Fiscalía e, tras un acordo, aceptou 3 anos de cárcere por un delito contra a saúde pública e o pago dunha multa de case 51.000 euros; así mesmo, polo delito de atentado aceptou 9 meses de prisión; e polo de lesións, aceptou outros 3 meses de cárcere.

VARIAS TRANSACCIÓNS DE DROGA

Segundo o escrito de acusación pública, Enrique A.C. estaba a ser vixiado pola Policía, ante a sospeita de que se dedicaba á venda de heroína, e os axentes comprobaron como realizaba varias transaccións de droga en operativos de vixilancia entre primeiros de xuño e primeiros de xullo do ano 2020.

O sospeitoso foi interceptado pola Policía o 9 de xullo para proceder á súa detención. Nese momento circulaba en motocicleta e, ante a presenza dos axentes, acelerou o vehículo para eludir á Policía, atropelando a un dos funcionarios, que sufriu varias contusións, unha escordadura cervical e a rotura da pantalla do seu teléfono.

DETENCIÓN E REXISTRO

Finalmente, foi detido e sometido a un cacheo, no que se lle interviñeron case 5 gramos de heroína, un anaco de haxix, 45 euros e un teléfono móbil. Por outra banda, no rexistro realizado no seu domicilio e no seu vehículo, atopouse case medio quilo de heroína oculta no coche, así como varias papelinas máis, seis anacos de haxix, unha báscula e 17.580 euros.

Aínda que inicialmente a Fiscalía pedía para Enrique A.C. penas que sumaban 10 anos de prisión, ao final, tras o acordo de conformidade, o acusado -que está en prisión preventiva desde o seu arresto- aceptou 4 anos de cárcere. Ademais das penas e do pago da multa, o procesado deberá indemnizar ao axente ferido.

Na sentenza, que xa foi declarada firme, o tribunal aplicou as atenuantes de drogadicción e reparación do dano, xa que o acusado consignou xa 1.692 euros para indemnizar ao axente polas lesións.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

Ferida unha octoxenaria tras ser atropelada nun parking público da rúa Manuel Álvarez

Unha octoxenaria resultou ferida na mañá deste mércores en Vigo tras ser atropelada nun...

Detida en Vigo tras dar unha puñada no nariz ao seu noivo despois dunha rifa

Unha muller, A.R.P. de Vigo e 41 anos de idade, foi detida na noite...