InicioSociedadeA Federación de ANPAS de Vigo convoca unha concentración contra o peche...

A Federación de ANPAS de Vigo convoca unha concentración contra o peche da EIM Santa Marta

A convocatoria será este venres. Pola súa parte, a presidenta de Foanpas lembrou que a proposta municipal pasa por trasladar as clases do Santa Marta ao CEIP Ramón e Cajal, que actualmente ten ocupadas 140 das súas 225 prazas totais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (Foanpas) convocou para a tarde deste venres unha concentración contra o peche da escola infantil municipal Santa Marta, que será derrubada coas obras de urbanización do Barrio do Cura.

Así o confirmou en declaracións a Europa Press a presidenta da Federación, Iria Salvande, tras a reunión mantida na mañá deste mércores co concelleiro de Educación, Gorka Gómez, na que o edil presentou aos pais o proxecto proposto polo Goberno local.

Neste sentido, a presidenta de Foanpas lembrou que a proposta municipal pasa por trasladar as clases do Santa Marta ao CEIP Ramón e Cajal (coñecido como colexio ‘Picacho’), que actualmente ten ocupadas 140 das súas 225 prazas totais.

Salvande comunicou que mentres se manteña o número de prazas e se abra a matrícula desde os 0 anos, en Foanpas non van pór ” problemas” ao proxecto; aínda que apuntou que será o consello escolar do Ramón e Cajal o que entre este xoves e venres avalíe se a iniciativa “é viable ou non”, algo que xa avanzou que prevén “que non salga adiante”.

Así, a Xunta confirmou que é “inviable” trasladar aos nenos da escola infantil ao CEIP Ramón e Cajal, xa que esa medida suporía incumprir as limitacións de aforamento derivadas da pandemia, ademais dun “problema de adaptación do uso do comedor”, atendendo ás actuais normas de seguridade.

A iso Salvande engadiu que a proposta municipal ademais de “reducir espazo”, tamén mingua “a capacidade de crecer” dese centro educativo. “É un embude, condena á desaparición practicamente dese colexio, pois que haxa nenos que vaian á escola infantil non significa que despois vaian ao colexio”, selou.

Nesta liña, Foanpas reclamou ao Concello de Vigo “un plan B” que só dependa do Goberno municipal e que non supoña “quitar prazas doutras escolas”; un marco no que convocou unha concentración para as 17,00 horas deste venres se non se chega a unha solución antes.

POSICIÓN MUNICIPAL

Pola súa banda, nunha rolda de prensa este mércores, o alcalde, Abel Caballero, recalcou que o Goberno local quere “que a Xunta devolva a parte do colexio non utiliza” para instalar nela a escola infantil, a cal, dixo, entraría “holgadísimamente” xa que “hai unha inmensa superficie que non utiliza” e que só implicaría “reorganizar”.

“Queremos que sexa permanente, o Goberno local a paga”, reiterou o rexedor sobre a nova escola infantil, da que avanzou que xa están a trazar os planos. Segundo dixo, esta proposta foi “moi ben” acollida polos pais dos alumnos do Santa Marta, “porque ven que os seus nenos van estar a 50 metros de onde estaban e co mesmo profesorado”.

Así, mantivo que o proxecto “é bo para todos: para os pais e os nenos; para o profesorado, porque segue no seu traballo practicamente á beira de onde estaba; para a zona, porque ten unha escola infantil; e para o Ramón e Cajal, porque lle prové de alumnos”. “Só é malo para a Xunta porque cre que o que é bo para Vigo é malo para a Xunta“, remachou.

Neste sentido, considerou que a posición da Administración autonómica respecto deste proxecto responde “a unha decisión política”, a colación do que preguntou ao Goberno galego se vai seguir ” na política anti-Vigo”. “Que quere, que non haxa unha escola infantil na zona de Torrecedeira?“, cuestionou.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...