InicioSucesosRescatan unha persoa que caeu nunha zona de difícil acceso xunto ao...

Rescatan unha persoa que caeu nunha zona de difícil acceso xunto ao Museo do Mar

Unha vez no lugar, os equipos de intervención empregaron unha padiola ríxida para evacuar á persoa ferida ata a ambulancia do 061, na que foi posteriormente trasladada a un centro médico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias rescataron na tarde deste domingo a unha persoa que caeu nunha zona rochosa e de difícil acceso detrás do Museo do Mar, en Vigo.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pouco antes das 19,00 horas, cando un equipo do 061 contactou coa central de emerxencias para solicitar medios de rescate para unha persoa ferida tras sufrir a caída.

Seguidamente, o 112 avisou aos bombeiros de Vigo, á Policía Local e a Protección Civil da cidade olívica. Unha vez no lugar, os equipos de intervención empregaron unha padiola ríxida para evacuar á persoa ferida ata a ambulancia do 061, na que foi posteriormente trasladada a un centro médico.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...