InicioSociedadeDez novas cámaras para ter imaxes do tráfico en directo e alta...

Dez novas cámaras para ter imaxes do tráfico en directo e alta resolución

Abel Caballero, presentou este novo servizo de información, tras visitar a sala de pantallas de Xestión da Mobilidade no Concello, e explicou que se instalaron estas novas cámaras, cun investimento de 4.000 euros, que permiten visualizar a situación de puntos neurálxicos da circulación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo instalou dez novas cámaras que transmiten en directo o estado do tráfico, con imaxes en tempo real e en alta resolución, e que poden verse na aplicación municipal App Vigo (proximamente tamén na web do Concello).

O alcalde da cidade, Abel Caballero, presentou este novo servizo de información, tras visitar a sala de pantallas de Xestión da Mobilidade no Concello, e explicou que se instalaron estas novas cámaras, cun investimento de 4.000 euros, que permiten visualizar a situación de puntos neurálxicos da circulación.

Así, mediante esas cámaras poderá seguirse en directo a situación do tráfico en Travesía con Jenaro de la Fuente, Gran Vía con Tarragona, Praza de España, Praza de América, Gran Vía con Lepanto, Castrelos con Arquitecto Palacios, Avenida Castelao, rotonda do Bicentenario, Avenida de Madrid e Pizarro con Vázquez Varela.

Na actualidade Vigo conta con máis dun centenar de cámaras que rexistran imaxes do tráfico, das que 48 son de control de tráfico urbano e 61 para o control de interior e exterior de túneles.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...