InicioSociedadeUn estudo vigués mostra a eficacia da fisioterapia ante a incontinencia urinaria...

Un estudo vigués mostra a eficacia da fisioterapia ante a incontinencia urinaria tras a extirpación de próstata

50 pacientes de cancro de próstata sometéronse a un programa de electroterapia e biofeedbak.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) en colaboración co grupo de investigación en fisioterapia da Universidade de Vigo (UVigo) concluíu que a fisioterapia precoz permite recuperar, aos tres meses, a continencia urinaria a pacientes aos que se extirpou a próstata por un cancro.

Segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), por medio deste estudo, que foi publicado na revista ‘Neurology and Urodynamics‘, 50 pacientes de cancro de próstata sometéronse a un programa de electroterapia e biofeedbak para o fortalecemento do chan pélvico.

Como resultado, o 64 por cento dos pacientes que participaron na investigación conseguiron a continencia urinaria, fronte ao 9,1 por cento dos integrantes dos grupos de control que non se someteron a ningún tratamento específico. Os participantes neste estudo foron o xefe de Urología do Chuvi, Antonio Ojea; a uróloga Sabela López; e as investigadoras da facultade de fisioterapia da UVigo, Mercedes Soto, Eva Lantarón, Iria Da Cuña e o que foi, ata a súa xubilación, o coordinador deste grupo, Manuel Gutiérrez.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...