Os usuarios de residencias de maiores con Covid-19 seguen a tendencia descendente e baixan a 326, tras 16 novas altas, nove positivos e varios falecidos, mentres que os traballadores contaxiados caen a 155, tras un positivo e 21 altas. Así se desprende dos datos actualizados este luns polas consellerías de Política Social e Sanidade, nos que se inclúen tres positivos de usuarios da residencia de maiores Milagrosa da Coruña; dous na de Laraxe de Cabanas; tres na de Caranza de Ferrol e un na vivenda comunitaria Sampedro II da Merca.
Mentres, saen da lista por negativizar catro usuarios da residencia Santa María de Verín; dous usuarios da residencia de maiores de Laraxe de Cabanas; outro da residencia e apartamentos da Pastoriza; un de O Casón de Moeche; dous da vivenda comunitaria Sampedro II da Merca; dous da residencia Blanco Amor de Boborás; outros dous da miña Casa de Pazos de Borbén; un na residencia de maiores de Vilardevós e outro das Dores en Forcarei.
Polo momento, a área de Vigo mantén un perfil baixo no tocante aos centros con maior incidencia. Deste xeito, entre os centros con máis usuarios contaxiados inclúense a DomusVi Carballo, con 59; DomusVi Laraxe, con 46; Nosa Señora do Carmen de Sarria, con 34; A miña Casa Ferrol, con 30; San Simón de Teo, con 13; Vivenda comunitaria Sampedro II da Merca, Residencia de Bande e Quercus de Leiro, con 12 cada unha; A miña Casa de Pazos de Borbén, con 11; e a Residencia Milagrosa da Coruña, con 10. A estas súmase outra vintena con menos dunha decena de casos.
TRABALLADORES
Pola súa banda, os traballadores con Covid-19 nas residencias de maiores descenden nunha vintena ata os 155, tras un novo positivo –na residencia San Marcos en Santiago– e 21 altas –10 delas na DomusVi Carballo–. En concreto, saen da lista por negativizar, ademais da decena de traballadores dese centro de Carballo, dous de O Casón de Moeche; dous da residencia e apartamentos da Pastoriza; dous da San José de Arzúa; dous da San Bartolomeu de Xove; un da residencia Milagrosa da Coruña, outro de Nosa Señora do Socorro de Arnoia e outro da Santa María de Verín.
Por tanto, entre as residencias con máis persoal contaxiado atópanse a Quercus de Leiro, con 14; Paz y Bien de Tui, con 13; a DomusVi Carballo, con 11; e o Fogar Santa María de Verín e a San José de Arzúa, con 10 cada unha. A elas engádense outros 43 centros con menos dunha decena de casos de Covid en cada caso.
CENTROS DE DISCAPACIDADE
En canto aos centros de atención á discapacidade de Galicia, mantéñense en 73 os usuarios con Covid. O Pai Menni de Betanzos continúa sendo o máis afectado con 31 casos entre os seus residentes. Séguelle A nosa Señora de Fátima e Cristo Rey de Crecente, con 30; a Juan Vidán Torres de Santiago, con sete; a Ricardo Baró de Oleiros e Aspanaes das Pontes, con dúas cada un; e o piso tutelado García Naveira de Betanzos, cun positivo.
Pola súa banda, os traballadores destes centros contaxiados soben a 38,tras un positivo na DomusVi Bóveda, que eleva a catro os casos nesta residencia. Pola súa banda, a Pai Menni de Betanzos conta con 16 contagios; A nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente, con 8; e o CAPD de Sarria, con 4; e outro seis centros teñen un caso cada un.