InicioSucesosDetido un veciño de Vigo que compartía contido pedófilo a través dunha...

Detido un veciño de Vigo que compartía contido pedófilo a través dunha aplicación

Utilizaba conexións wifi instaladas en domicilios doutros usuarios para recompilar e compartir imaxes de contido pedófilo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido pola Garda Civil de Pontevedra tras compartir diverso contido pedófilo a través da aplicación ‘Discord’. O home, veciño de Vigo e de 31 anos, está acusado como presunto autor dun delito de corrupción de menores e foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 para quedar despois en liberdade con cargos.

O detido aproveitábase dos servizos ofrecidos pola citada aplicación para compartir arquivos de contido pedófilo desde distintas direccións ‘IP’ que pertencían a provedores de servizos españois. A través deste medio, reuníanse máis de 500 usuarios de distintos países.

O ‘modus operandi’ do acusado consistía en utilizar conexións ‘wifi’ instaladas en domicilios doutros usuarios para recompilar e compartir imaxes de contido pedófilo, explica a Garda Civil, o que dificultou aos investigadores o traballo para contrastar a súa identidade.

Finalmente, os axentes lograron localizar o individuo e rexistrar o seu domicilio, onde incautaron un computador portátil e dous teléfonos móbiles.

A investigación enmárcase na operación ‘Farisca’, en colaboración coa Corporación Norteamericana National Center For Missin&Exploted Children (NCMEC) a través da Axencia Homeland Security Investigations (HSI), do Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...