InicioSucesosPolicías impiden que un home se arroxe á AP-9 desde unha varanda...

Policías impiden que un home se arroxe á AP-9 desde unha varanda en Vigo

Os axentes da Nacional achegáronse cun movemento rápido e conseguiron agarralo polos brazos cando se estaba balanceando sobre a autoestrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo impediron que un veciño da cidade, de 50 anos de idade, se arroxaxe á autoestrada AP-9 desde unha varanda, segundo informaron fontes policiais.

Os feitos ocorreron a pasada semana, cando o 091 recibiu un aviso dun condutor que observara a un home empolicado a unha varanda e con aparente intención de arroxarse desde unha considerable altura á autoestrada AP-9.

Ata o lugar, ao final da rúa Vista Alegre, trasladouse unha patrulla ‘camuflada’ que se atopaba pola zona e, ao chegar, os axentes comprobaron que había un home subido á parte superior desa varanda, coa clara intención de arroxarse ao baleiro, polo que solicitaron a presenza urxente dunha ambulancia.

Os policías saíron do vehículo e identificáronse, á vez que tentaban acougar o home para evitar que se tirase e que, ademais de acabar coa súa vida, provocase outro accidente se caía sobre algún vehículo dos que pasaban pola autoestrada.

Cando se decataron de que o home comezaba a balancearse perigosamente, os axentes achegáronse cun movemento rápido e conseguiron agarralo polos brazos para, a continuación, baixalo á beirarrúa. O home tivo que ser inmobilizado polos axentes, xa que tentou soltarse varias veces, disposto a subir novamente á varanda.

Unha vez que chegou á ambulancia, o home foi trasladado o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A Policía informou dos feitos ao xulgado de garda.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...