InicioSucesosDetido un home por agredir un axente en Vigo mentres tentaba entrar...

Detido un home por agredir un axente en Vigo mentres tentaba entrar na casa da súa parella

Os feitos ocorreron pasadas as 22:00 horas do pasado xoves, día 21, cando unha muller informou de que estaba a manter unha forte discusión coa súa parella nun domicilio da rúa Marqués de Valterra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo por un delito de atentado a un home que golpeou a un axente cando tratou de evitar que entrase cunha conduta agresiva na vivenda na que convivía coa súa parella e un menor.

Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 22:00 horas do pasado xoves, día 21, cando unha muller informou de que estaba a manter unha forte discusión coa súa parella nun domicilio da rúa Marqués de Valterra.

Unha patrulla desprazouse ata o lugar, onde atopou nas escaleiras un home que presentaba unha ferida na cella esquerda. Despois de que os axentes lle ofrecesen atención sanitaria, á que se negou, o home manifestou que ao chegar ao seu domicilio a súa parella non lle deixou entrar na residencia.

Os efectivos falaron entón coa muller, que indicou que o home, co que convive e co que mantén unha relación desde hai catro anos, ponse agresivo cando consome alcol. Así, ao decatarse de que estaba bebido, decidiu impedirlle o acceso á vivenda “por medo” e “para protexer ao seu fillo de seis anos”.

Ao terminar a entrevista, o home tentou novamente acceder pola forza ao domicilio, ante o que os axentes lle pediron que se tranquilizase. A pesar diso, o home, que non utilizaba máscara nin respectou a distancia de seguridade, mantivo unha “conduta agresiva e de desobediencia sistemática” pola que chegou a golpear a un dos axentes para tratar de apartalo da porta da vivenda.

Por todos estes feitos, procedeuse á detención por un delito de atentado do home, de iniciais M.M.G., veciño de Redondela de 58 anos de idade, para o seu posterior posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Un exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de cárcere por apropiarse de 139.000 euros dunha clienta

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas...

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...