InicioEconomíaA CIG reclama a subrogación de 25 traballadores do centro ADOS de...

A CIG reclama a subrogación de 25 traballadores do centro ADOS de Vigo

A CIG fai "responsable" destes despedimentos á administracióna autonómica, á que reclamou que tome medidas para que eses traballadores sexan subrogados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados da CIG concentráronse este xoves ante a sede territorial da Xunta en Vigo para reclamar a subrogación de 25 traballadores procedentes dun centro especial de emprego e que desenvolvían o seu labor no servizo de atención a doantes de sangue do centro ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) de Vigo.

Segundo explicou a portavoz do sindicato, Sefi Romeu, trátase de 25 persoas que traballaron no centro desde 2018 e que, hai un par de días, foron “despedidos” porque o seu servizo foi adxudicado polo Sergas a outra empresa.

A CIG fai “responsable” destes despedimentos á administracióna autonómica, á que reclamou que tome medidas para que eses traballadores sexan subrogados.

“Reivindicamos o mantemento dos empregos e que a Xunta se faga responsable deses despedimentos inxustos”, afirmou Romeu, quen explicou que o sindicato xa solicitou unha reunión coa nova empresa adxudicataria do servizo e coa xerencia do Sergas.

ÚLTIMAS

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...