InicioSucesosDetidos dous menores por agresión a outro para roubarlle unhas zapatillas deportivas

Detidos dous menores por agresión a outro para roubarlle unhas zapatillas deportivas

A policía local tamén detivo a tres homes en Vigo por roubo con forza nunha furgoneta estacionada na rúa.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous mozos de 15 e 16 anos respectivamente, como presuntos autores dun roubo con violencia, tras agredir a outro menor para subtraerlle as zapatillas deportivas que levaba postas.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado 13 de xaneiro, cando a vítima, un neno de 13 anos, dirixíase a unha parada de autobús preto da igrexa ‘dos Picos’, e foi abordado por dous mozos.

Un dos mozos pediulle diñeiro e preguntoulle se tiña teléfono móbil, á vez que o outro lle dicía que quería as súas zapatillas. Ante a negativa da vítima a entregarlles nada, un dos sospeitosos propinoulle unha forte puñada na cara, que lle fixo caer ao chan.

Aproveitando que o neno fora derrubado, o outro mozo sacoulle as zapatillas e ambos os asaltantes fuxiron do lugar á carreira. A vítima tentou seguilos pero non foi capaz de alcanzalos e pediu axuda a outros mozos para chamar á súa casa e pedir que o fosen a buscar.

As pescudas da Policía permitiron identificar os sospeitosos do ataque, que foron localizados e detidos o pasado venres pola tarde. Unha vez trasladados a Comisaría, tomóuselles declaración e foron entregados aos seus respectivos proxenitores. As dilixencias foron postas a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo e da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ROUBO NUNHA FURGONETA

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a tres homes, A.B.Q., de 30 anos de idade, R.L.B., de 31 anos, e G.S.A., de 33 anos, como presuntos autores dun roubo con forza cometido nunha furgoneta estacionada na vía pública.

Os feitos ocorreron pouco antes das 23,00 horas deste domingo, cando un veciño da Subida á Ponche alertou ao 092 de que tres individuos estaban a forzar a porta traseira dunha furgoneta e sacando material do interior.

Unha dotación desprazouse ao lugar e localizou a estas tres persoas na rúa. Tras identificalos, os axentes revisaron unha mochila que levaba un deles, na que atoparon cable de rede e cable elétrico; así mesmo, interviñéronlles unha machada e un escoplo.

Posteriormente, os policías dirixíronse ao lugar onde estaba aparcada a furgoneta, e comprobaron que tiña o portón traseiro aberto e que a fechadura presentaba signos de ser forzada.

Así, tras contactar co seu condutor, este confirmoulles que a deixou estacionada e completamente pechada, polo que os axentes procederon á detención do tres sospeitosos. En virtude desta información os Axentes procederon á detención do tres individuos pola suposta comisión dun delito de roubo con forza

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...