InicioSociedadeUn cento de sancións en Vigo en 24 horas por infrinxir as...

Un cento de sancións en Vigo en 24 horas por infrinxir as medidas anticovid

Case a metade delas foron por vulneración do peche perimetral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo impuxo un centenar de sancións e detivo a unha persoa por diferentes violacións da normativa sanitaria para combater a pandemia da covid-19. Segundo informou este domingo o Concello de Vigo, en total foron 99 as sancións impostas entre as 6:30 do sábado e as 6:30 do domingo.

Durante este tempo, os axentes estableceron máis de vinte controis en diferentes lugares da cidade como a Avenida de Madrid, Ángel de Lema e Marina, Samil, Progreso, Cánovas del Castillo, Ricardo Mella, a Avenida de Galicia e a Estrada de Camposancos, entre outros.

Case a metade das sancións, 48, foron por vulneración do peche perimetral decretado para Vigo. Outras dez denuncias foron por consumo de alcol na vía pública, nove por non levar máscara, oito foron para persoas reunidas sen gardar a distancia de seguridade, e outro oito por incumprir o toque de queda.

Ademais, impuxéronse sete sanciones en domicilios a persoas non convivientes, outras sete por incumprimento da norma de aforamento en locais, outra por infrinxir a normativa de terrazas e unha máis por falta de respecto da autoridade. 

UNHA DETENCIÓN

A persoa detida circulaba pola vía pública ás 23:30 horas sen xustificación, saltando semáforos en vermello. Cando foi sometida a un test de drogas mostrouse agresiva cos axentes tanto verbal como fisicamente, polo que tivo que ser reducida e detida. EFE

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...