InicioSociedadeA historia con final feliz de Muti, unha cadeliña enferma que agora...

A historia con final feliz de Muti, unha cadeliña enferma que agora xa ten fogar

Tras sufrir a amputación dunha pata, agora foi adoptada por unha familia en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra quixo compartir este sábado o final feliz da historia de ‘Muti’, unha cadela mestiza de seis meses que foi recollida moi enferma en Caldas hai dous meses e que, tras sufrir a amputación dunha pata, foi adoptada por unha familia en Vigo.

‘Muti’ entrou no centro o 15 de novembro, tras ser rescatada na parroquia de Godos. Tiña unha fractura aberta nivel do cóbado esquerdo, con infección e miasis (debido a que levaba tempo coa lesión), ademais de varias feridas repartidas por todo o corpo. Estaba chea de parasitos e moi delgada. De feito, debido á gravidade da fractura, os veterinarios do CAAN tiveron que amputarlle a extremidade.

Unha vez recuperada, foi esterilizada e identificada con microchip, e esta mesma semana foi adoptada por unha familia de Vigo, onde xa ten o seu novo fogar. Con ‘Muti’ son xa once os cans do centro de acollida da Deputación que foron adoptadas no que vai deste primeiro mes do 2021.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...