InicioSociedadeO poboado chabolista de Navia reclama alugueres sociais ante o desaloxo inminente

O poboado chabolista de Navia reclama alugueres sociais ante o desaloxo inminente

No lugar no que agora se asenta este poboado chabolista teñen previsto construír un complexo deportivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os veciños do poboado chabolista de Navia, en Vigo, concentráronse este venres ante o Concello olívico para reclamar alugueres sociais que lles permitan acceder a unha vivenda, ante o inminente desaloxo do asentamento, que se producirá en febreiro.

A portavoz das familias, Lara P.C., subliñou que, desde que coñeceron que o poboado sería desaloxado para construír un complexo deportivo (o terreo foi adquirido por unha empresa do sector dos ximnasios) puxéronse en contacto con todas as administracións para reclamar axuda. “Está moi ben que nos dean unha axuda para pagar dous meses un aluguer, pero despois que? Non queremos que nos regalen nada, só que nos faciliten alugueres sociais“, incidiu.

Respecto diso, lamentou que, aínda que as institucións (Xunta e Concello) contactaron con eles para coñecer a súa situación e “pedir os datos”, o certo é que “ningunha deu unha solución”. Segundo lembrou esta portavoz das familias, esa solución debe pasar polos alugueres sociais xa que os afectados son, na súa maioría, perceptores de RISGA, do Ingreso Mínimo Vital ou de axudas de emerxencia social, e “non teñen contratos estables de traballo”.

Lara P.C. incidiu en que ese asentamento chabolista existe desde hai décadas, de feito, algúns dos seus veciños adultos naceron alí. En total, o desaloxo afectará a 11 adultos e 11 nenos que viven en 9 chabolas (nas que están censados) e que “van a quedar na rúa”. Tras varios adiamentos, o prazo para abandonar o poboado fixouse o 27 de xaneiro, aínda que se volveu a atrasar e producirase en febreiro, sen que se concretou data polo momento.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...