InicioEconomíaEcoloxistas piden ao Goberno central que denegue o informe de avaliación ambiental...

Ecoloxistas piden ao Goberno central que denegue o informe de avaliación ambiental para ampliar o recheo de Bouzas

Alertan de que as obras levan "un alto risco de contaminación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción e a Asociación pola Defensa da Ría de Vigo ‘Cíes’ demandan á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, do Goberno central, que resolvan negativamente a solicitude do informe de avaliación ambiental que solicitou a Autoridade Portuaria de Vigo para ampliar a terminal de Bouzas.

Estes dous colectivos denuncian que o Porto pretende “ampliar considerablemente” a superficie portuaria “mediante a execución dun enterramento –o que se coñece por ‘recheo’– argumentando unha suposta necesidade de maior superficie de almacenamento de mercadorías, liña e calado de atracada”.

Para as dúas organizacións ecoloxistas, a ría de Vigo é un “espazo incompatible” con estas obras que levan “un alto risco de contaminación” por terra ou por “moficiacións da hidrodinámica” do mar, tendo en conta que o cambio climático xa ten “efectos devastadores” para o ecosistema da zona.

Ademais, Ecoloxistas en Acción e a Asociación pola Defensa da Ría de Vigo ‘Cíes’ insisten en que os proxectos da Autoridade Portuaria de Vigo “seguen unha vez máis contribuíndo a unha morte acelerada da ría” coa súa “actividade agresiva en aras da economía, que desatende as propostas cidadás, que priva dos recursos naturais á xente que vive do mar, do turismo, da restauración e destrúe o valor da natureza”.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...