InicioSucesosTres persoas feridas nunha colisión múltiple en Nigrán

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Nigrán

O suceso ocorreu na tarde deste martes á altura da Ramallosa. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas nun accidente múltiple ocorrido este martes no municipio de Nigrán, no que se viron implicados tres vehículos.

En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17,15 horas deste martes na estrada PO-552, ao seu paso pola Ramallosa. De inmediato, foron mobilizados efectivos da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061, que prestou asistencia a tres persoas.

Por outra banda, sobre as 13,30 horas deste martes rexistrábase outro accidente no municipio do Grove, á altura de Monte das Flores. Aínda que as feridas do ocupante do vehículo, que envorcou, non revestían gravidade, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ribadumia para liberala do interior do turismo.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...