InicioSociedadeFalecen outros tres vigueses por Covid, un deles na residencia de Gondomar

Falecen outros tres vigueses por Covid, un deles na residencia de Gondomar

As outras dúas persoas estaban ingresadas no CHUVI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas diagnosticadas con coronavirus faleceron nas últimas horas, co que o total de vítimas da pandemia en Galicia elévase a 1.354.

Segundo trasladaron as autoridades sanitarias a última hora deste mércores, tres dos falecidos atopábanse ingresados en hospitais mentres que o cuarto, un home de 96 anos, perdeu a vida na residencia Vila do Conde de Gondomar.

Así, os demais óbitos da xornada producíronse en hospitais. Trátase dunha muller de 80 anos que permanecía ingresada no CHUO e dous homes, de 89 e 84 anos, respectivamente, que se atopaban no CHUVI.

A vítima de 84 anos falecida en Vigo procedía da residencia de maiores Cesantes-Redondela. Todos eles presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...