InicioSociedadeVigo tende á estabilidade da pandemia e rexistra outros 41 positivos por...

Vigo tende á estabilidade da pandemia e rexistra outros 41 positivos por Covid

Santiago xa supera á área de Vigo en número de casos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos de covid-19 detectados en Vigo descendeu o luns ata os 41 positivos –27 menos que o domingo–, e a presión hospitalaria mantense estable con 60 ingresos por coronavirus -un menos-, nove deles en coidados intensivos -tres menos-.

Desta maneira, e segundo a actualización dos datos da pandemia publicada na mañá deste martes na páxina web da Consellería de Sanidade, con cifras recollidas ata as 18,00 horas do luns, Santiago pasa a ser a área con máis casos positivos, ata os 1.248 –13 máis–; mentres que Vigo ten 1.242 casos activos – catro menos -.

Os datos do departamento autonómico sitúan a taxa de positividade nestas últimas 24 horas no conxunto de Galicia nun 2,4%, por baixo do día antes –3,8%– e inferior ao que marca a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia.

GALICIA

No conxunto de Galicia, os casos detectados descenderon ata. os 202 positivos –66 menos que o domingo–, aínda que a presión hospitalaria volveu crecer lixeiramente, con tres ingresados máis ata os 357.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...