InicioSociedadeA UVigo incorpora á súa oferta académica o grao en Enxeñaría Biomédica...

A UVigo incorpora á súa oferta académica o grao en Enxeñaría Biomédica e sete másteres

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) reforza a súa oferta académica para o curso 2018-2019 coa incorporación dun novo grao en Enxeñaría Biomédica (con 50 prazas e especialización en ‘biotech’ ou ‘biomec’), sete másteres e a conversión de dous programas de doutoramento existentes en interuniversitarios.

Con iso, a universidade oferta un total de 163 titulacións: 62 títulos de grao (con 3.702 prazas, cinco menos que o curso pasado), 63 de máster (con 1.964 prazas, case 100 máis que o curso anterior) e 38 programas de doutoramento. Por campus universitarios, Vigo oferta 2.067 prazas en 33 graos, Ourense 920 prazas en 17 graos e Pontevedra 715 prazas en 12 graos.

En canto aos novos másteres, versan sobre Biodiversidade Terrestre e Xestión do Medio Natural; Xenómica e Xenética; Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados; Ciberseguridade; Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais; Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria; e Economía.

Manuel Reigosa, na presentación da nova oferta/ E.P.

O reitor, Manuel Reigosa, destacou que esta oferta de títulos é “estable e moi completa”, aínda que avanzou a súa intención de “incorporar novas titulacións no tres campus, utilizando a especialización, aproveitando as sinerxias entre as xa existentes e a acollida por parte da sociedade” e buscando axudar “a potenciar os campos investigador e docente”.

Reigosa tamén defendeu a conxelación das taxas dos graos, e manifestou o seu desexo de aproximar os prezos dos másteres aos dos graos. En relación con iso, lembrou que isto depende dunha normativa estatal, aínda que “tendo en conta as propostas que no seu día fixo o PSOE”, mostrouse optimista.

“O máster tamén forma parte da oferta académica e, aínda que moitas veces a formación que se recibe nos graos é suficiente para achegarse á profesión, non deberiamos quedarnos aí“, apuntou, antes de engadir que mentres en Europa “o alumnado cursa normalmente un máster”, España “está moi por baixo da media europea”.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...