InicioSociedadeA UVigo suma 168 contaxios desde o inicio do curso

A UVigo suma 168 contaxios desde o inicio do curso

O Comité de Seguimento da pandemia asegura que o comportamento do estudantado foi "moi bo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) suma 168 casos de COVID-19 confirmados nos seu tres campus desde o inicio do curso, con picos detectados en outubro e novembro en Ourense e a urbe olívica, respectivamente.

Segundo precisou a universidade, desde o 21 de setembro ata o 6 de decembro rexistráronse 168 casos confirmados, dos que 148 se detectaron en estudantes, cinco en persoal de administración e servizos e 15 entre docentes e investigadores.

Así as cousas, o vicerreitor e responsable do Comité de Seguimento da pandemia, José Luís Míguez, recalcou que a prevalencia na UVigo “é inferior á de Galicia e á de de España” e considerou que, salvo casos puntuais confirmados en vivendas de aluguer, o comportamento do estudiantado, que “ten unha gran interacción social”, “foi moi bo”.

Así mesmo, afirmou que as cifras de casos detectados “demostran que tanto as medidas adoptadas en función das recomendacións do Sergas” como as articuladas pola universidade funcionan, así como que “se pode tentar, cunha prevención temperá, pór devasa á transmisión do coronavirus”.

EVOLUCIÓN DA PANDEMIA

En concreto, a universidade detallou que se produciron dous picos de 29 positivos cada un en outubro en Ourense e en novembro en Vigo, o que “coincidiu tamén cun repunte de contaxios nestas cidades”. Así, a evolución de casos confirmados foi similar á da segunda onda en España e contabilizou incrementos desde a terceira semana de curso ata a comprendida entre o 23 e o 29 de novembro, cando comezou a decrecer.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...