InicioEconomíaCaballero asegura que Barreras está "moi preto da solución" e pide a...

Caballero asegura que Barreras está “moi preto da solución” e pide a Feijóo que “deixe de pór paus na roda”

O alcalde acusa o presidente da Xunta de ser "o responsable" da situación actual do estaleiro vigués debido ao acordo coa petroleira Pemex.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a crise do estaleiro Barreras está “moi preto da solución” e reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o seu goberno que deixen “de pór paus na roda” e de “interferir” nun conflito “no que non achegaron nada”.

Así se pronunciou o rexedor nun acto organizado polo concello vigués con motivo do día da Constitución española.

Alí, Caballero referiuse ás palabras do presidente autonómico nas que expresou que espera que a SEPI apoie o plan de financiamento do estaleiro vigués.

O alcalde asegurou que a “solución” para Barreras “está moi preto” grazas ao “diálogo” mantido polo concello co Goberno central, o estaleiro e a SEPI ao longo dos últimos meses.

“Estamos moi preto dunha solución e nese diálogo non achegou nada a Xunta”, espetou Caballero, que censurou o “oportunismo” de Feijóo, ao que acusa de ser “o responsable” da situación actual do estaleiro vigués debido ao acordo coa petroleira Pemex.

“Feijóo condenou a Barreras á desaparición e hoxe estase salvando coa Xunta sen achegar nada”, espetou Abel Caballero.

RAMPLAS DE GRAN VÍA

Por outra banda, o alcalde tamén se pronunciou sobre “o gran novo éxito da cidade”, en referencia ás ramplas da Gran Vía de Vigo que, segundo Caballero, están a supor “un éxito estético, arquitectónico” e tamén “funcional” porque eliminan as pendentes “de ata o 12%” que hai nesta rúa, unha das principais arterias da urbe.

Neste sentido, celebrou a “acollida excepcional” das pasarelas “por todo o mundo menos polo PP”, formación á que acusou de actuar con “caradura política” por pedir a ampliación destas estruturas ata a Praza de España “cando foi Feijóo quen o impediu”.

Así, prometeu que chegarán a esta praza coa redacción dun novo proxecto “porque o anterior o parou Feijóo para amolar esta cidade”.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...