InicioEconomíaAbel Caballero pon data ao AVE entre Vigo e Lisboa: ano 2030

Abel Caballero pon data ao AVE entre Vigo e Lisboa: ano 2030

Afirma que o Goberno español apoia o proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo data para a conexión por alta velocidade ferroviaria entre a cidade olívica e Lisboa, e subliñou que o Concello “aposta” polo ano 2030.

Caballero lembrou que xa trasladou ao Goberno portugués, a través do ministro de Infraestruturas luso, Pedro Nuno de Oliveira, o apoio de Vigo e do Goberno de Pedro Sánchez a esa conexión, que será posible grazas á saída sur ferroviaria en túnel desde a terminal de Urzáiz.

“O Goberno de España tamén considera que a saída sur é unha prioridade”, proclamou, e engadiu que “o Concello aposta porque en 2030 estea todo o corredor de alta velocidade entre Vigo e Lisboa”. “Xa sabemos que o Goberno de España o avala, porque o falei co ministro Ábalos”, incidiu Caballero.

O alcalde lembrou que o Executivo portugués recorrerá ao financiamento europeo para estender o trazado de AVE desde Lisboa ata a fronteira co sur de Galicia, e apuntou que “o Goberno de España verá como encadra o financiamento” do tramo no seu territorio.

Abel Caballero subliñou que esta disposición, tanto de España como de Portugal, é “moi importante” para Vigo, porque a cidade se converterá “nun centro de confluencia da alta velocidade no Corredor Atlántico” e, ademais, a través de Vigo, o AVE conectará con Madrid “e Europa”.

Segundo o rexedor, esta rede ferroviaria “terá un reforzo de frecuencias como ningunha outra liña en Galicia”, e lembrou que o eixo Porto-Vigo-Ourense cobre unha poboación duns 5 millóns de persoas.

“Esta é a realidade que algúns non queren ver, e cando digo algúns me refiro ao presidente da Xunta”, subliñou Caballero, quen volveu a insistir en que os vigueses non viaxarán en AVE a Madrid “por Santiago”, porque “Vigo ten o tamaño para ter o seu tren de alta velocidade sen ter que dar unha volta de 100 quilómetros”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...