InicioSociedadePersoal de PACs de Vigo denuncian que o Sergas secuestra e diminúe...

Persoal de PACs de Vigo denuncian que o Sergas secuestra e diminúe os seus dereitos laborais

Afirman que "a mala xestión" de Sanidade repercute na súa vida persoal e fai que se sentan "desprotexidos, e en certo xeito secuestrados".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores dos puntos de atención continuada (PACs) da área sanitaria de Vigo denuncian a “mala xestión” en recursos humanos por parte do Sergas, tendo en conta que “a carga de traballo vai en aumento e os dereitos dos traballadores non fan máis que diminuír”. Ante iso, manifestaron sentirse “desprotexidos, e en certo xeito secuestrados, pola administración”.

Nunha rolda de prensa este mércores, a médico de familia na PAC do Porriño Elisa Ausín, mantivo que a situación laboral dos traballadores deste servizo é “especialmente penosa”, o que se acrecenta no verán, co “aumento da carga asistencial”. “Nos PACs sufrimos de primeira man as carencias á hora de cubrir os postos”, asegurou.

En relación con iso, explicou que o pechar as consultas de adultos e pediatría de atención primaria polas tardes durante o verán, “inevitablemente sobrecarga aos PACs, que xa de seu están saturados”. A iso, agregou que no verán a área de Vigo é “unha zona de destino vacacional”. “Os profesionais estamos ao bordo do colapso”, asegurou.

Tal e como remarcou, esta situación “non é nova”, senón que leva “anos xestándose”, posto que hai un “elevado número de xubilacións no ámbito extrahospitalario e non hai posibilidade de cobertura” porque os “contratos precarios afastaron aos profesionais de querer traballar en atención primaria”. “Non é falta de traballo, senón as condicións nas que se ofrece”, sinalou.

Neste ámbito, advertiu que “esta situación é moi perigosa en aras de protexer a calidade asistencial que se lle presta aos pacientes desta zona”. “Non podemos consentir que continúe parapetándose nos traballadores a mala xestión dos recursos humanos”, remachou.

Ante esta situación, os traballadores e a administración iniciaron negociacións en febreiro, polas que xa mantiveron tres reunións, aínda que Ausín criticou que “non” avanzan”. “Os meses pasan e non estamos a sacar nada en limpo”, denunciou, a colación do que avisou que farán novas mobilizacións.

VIDA PERSOAL

Segundo manifestou a doutora, “a mala xestión” da administración no ámbito dos recursos humanos está a repercutir na “vida persoal” dos traballadores. Así, censurou que non lles facilitan a conciliación, e algúns profesionais víronse “obrigados” a pedir unha redución de xornada para poder coidar dos seus fillos pero foilles “denegada”.

De igual maneira, criticou que a política de goce das vacacións no verán “é moi restritiva”; que se lles “nega” a posibilidade de solicitar días de libre disposición, excedencias e permisos sen soldo. Mentres, aseverou que as presenzas se viron “incrementadas de forma arbitraria dependendo do profesional e do PAC no que se atope”.

Neste sentido, os traballadores explicaron que a solución pasaría por mellorar as condicións do persoal eventual, aumentar as prazas de residentes e incrementar as prazas de estudantes de medicina.

FACER MÁIS CON MENOS RECURSOS

O médico de Atención Primaria e delegado de CIG-Saúde, Manuel González Moreira, apuntou que este conflito na atención primaria débese a un “déficit de recursos e falta de previsión da administración” que “está sobre cargando aos traballadores”, o que “ten que ver coa estratexia de facer máis con menos recursos”.

A maiores, denunciou que a administración “non fixo os deberes e presiona máis aos traballadores que xa ten”, ao que agregou que “se está deteriorando a imaxe de Atención Primaria, e iso vai dificultar formar profesionais e ofrecer contratos dignos para que estes profesionais poidan traballar”.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...