InicioSociedadeAs hospitalizacións por covid en Vigo mantéñense estables malia os novos contaxios

As hospitalizacións por covid en Vigo mantéñense estables malia os novos contaxios

Hai 17 persoas en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de persoas con COVID ingresadas en hospitais de Galicia descendeu ata 431 (30 menos que hai 24 horas), das que 67 están en Unidades de Coidados Intensivos (2 menos que o día anterior), segundo os datos que fixo públicos este mércores a Consellería de Sanidade, e que se refiren a información solicitada ata as 18,00 horas do martes.

Así, os pacientes con coronavirus ingresados en centros hospitalarios baixaron en todas as áreas sanitarias, aínda que hai algunhas que manteñen ou mesmo aumentan o número de infectados que necesitan coidados críticos. Por áreas, A Coruña e Cee segue sendo a que ten máis casos ingresados en hospital, con 128, dos que 22 están na UCI (os mesmos que hai un día) e 106 están en unidades convencionais de hospitalización (un menos). Na área sanitaria de Vigo hai 82 persoas ingresadas, das que 17 están en UCI (sen cambios na cifra) e 65 ‘en planta’ (dúas menos que o día anterior).

AUMENTO DE CASOS CRÍTICOS EN PONTEVEDRA

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é a única que rexistra un aumento no número de casos críticos e pasou de 6 a 8 pacientes con COVID ingresados en UCI. A eles súmanse outros 50 pacientes que están ‘en planta’ (6 menos que os notificados hai 24 horas). Na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras hai 47 persoas hospitalizadas (dez menos), aínda que se mantén en 6 o número de ingresados en UCI; mentres que na área de Ferrol baixaron a 7 os pacientes en coidados críticos (un menos) e permenecen ‘en planta’ 39 persoas (dúas menos).

Na área sanitaria de Santiago e Barbanza hai 38 pacientes hospitalizados (un menos) e baixaron os casos en UCI de 7 a 5; por contra, os ingresados en unidades convencionais de hospitalización pasaron de 32 a 33. Finalmente, a área de Lugo, Monforte e A Mariña é a que ten menos casos de COVID nos hospitais, cun total de 32. Deles, hai 2 pacientes en UCI (un menos) e outros 30 ‘en planta’ (oito menos).

ÚLTIMAS

A Audiencia ordena reabrir a causa polo accidente do Marisquiño e pide concretar posibles responsables penais

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra estimou parcialmente os recursos interpostos por...

Buscan a unha muller de 41 anos desaparecida en Vigo desde este domingo

A asociación SOS Desaparecidos fixo pública unha alerta sobre a desaparición da viguesa Andrea...

Persoal da concesionaria de cociña dos hospitais vigueses denuncia deficiencias no servizo

O persoal da concesionaria da cociña dos hospitais públicos de Vigo iniciou mobilizacións para...

Vigo destinará 468 millóns ao novo contrato de bus urbano, que comezará en 2026 e durará 9 anos

O Portal de Contratación do Estado publicou o anuncio previo do expediente de contratación...