InicioSucesosDetidas en Vigo catro persoas que se dedicaban á distribución de cocaína...

Detidas en Vigo catro persoas que se dedicaban á distribución de cocaína e haxix

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon unha rede dedicada á distribución de cocaína e, sobre todo haxix, no sur de Galicia, nunha operación bautizada como ‘Wakame’, e que se saldou con catro detidos (tres homes e unha muller) e a realización de tres rexistros domiciliarios.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación permitiu constatar que se trataba dun grupo organizado, que distribuían haxix principalmente nas provincias de Pontevedra e Ourense, aínda que estaban a estender a súa actividade ao norte de Portugal e a parte da meseta. Así mesmo, comprobouse que, ademais do haxix, estaban a iniciar a venda de cocaína e marihuana.

Ante as sospeitas acerca da actividade deste grupo, a Policía solicitou autorización xudicial para realizar tres rexistros domiciliarios e, cando a obtivo, procedeu á detención simultánea de todos os implicados. Entre eles, atópanse o líder da banda e o seu home de confianza.

Nos rexistros, a Policía incautouse de máis dun quilo de haxix, unha importante cantidade de cocaína, medio quilo de sustancia de corte, sete teléfonos móbiles, un computador, utensilios para o cultivo de droga, documentación e dous vehículos de alta gama.

Os membros do grupo utilizaban as vivendas e outros inmobles para ocultar a droga e preparala para a súa posterior distribución. Ademais, contaban cunha rede de vehículos levados por condutores experimentados, da confianza do xefe da rede, para transportar os estupefacientes.

Os arrestados e as dilixencias practicadas durante esta investigación (que correu a cargo do grupo UDEV-Drogas da Policía Xudicial) foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...