InicioSociedadeVigo tende á estabilización da pandemia con 42 novos contaxios en 24...

Vigo tende á estabilización da pandemia con 42 novos contaxios en 24 horas

O distrito sanitario de Vigo non rexistrou cambios no número de ingresados, que se sitúa en 99.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo rexistrou 41 novos contaxios de coronavirus confirmados por PCR en 24 horas, o que implica unha estabilización ao subir en tan só un con respecto aos notificados a xornada anterior. Con todo, Vigo mantense como a área sanitaria que reúne a maior cifra de casos activos: un total de 2.209, aínda que son 51 menos que o luns. A veciña Pontevedra é a que se manten á cabeza co maior número de novas infeccións.

En canto á positividade dos test realizados, Vigo é a única que consegue baixar, e moito, do limiar do 5% establecido pola Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia, xa que só un 2,2% das PCR deron positivo no último día.

HOSPITALIZACIÓNS

O distrito sanitario de Vigo non rexistrou cambios no número de ingresados, que se sitúa en 99, dos que 23 se atopan en UCI –dous menos–.  No conxunto de Galicia, os hospitalizados por COVID-19 baixaron en sete ata situarse en 552, dos que 96 se atopan en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) –catro menos–.

GALICIA

Galicia rexistrou 327 novos contaxios de coronavirus confirmados por PCR en 24 horas, o que implica, igual ca en Vigo, unha estabilización no número de casos diarios.

 

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...