InicioSociedadeO Concello de Vigo dedicará 325.000 euros a manter o patrimonio histórico...

O Concello de Vigo dedicará 325.000 euros a manter o patrimonio histórico da Igrexa na cidade

Abel Caballero asina un convenio co bispo da Diocese Tui-Vigo, Luís Quinteiro. Serán 150.000 euros este ano e 175.000 o próximo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o bispo da Diocese Tui-Vigo, Luís Quinteiro, asinaron este luns un convenio marco para que a administración local contribúa ao mantemento, conservación, restauración e divulgación do patrimonio histórico artístico da Igrexa na cidade.

Segundo explicou o rexedor, o Concello contribuirá financiando actuacións (ata un máximo de 150.000 euros este ano e 175.000 euros no orzamento de 2021) porque “a capacidade da Igrexa para o mantemento dese patrimonio é limitada”. “A Igrexa ten en Vigo un importantísimo patrimonio histórico e cultural, e non queremos que se deteriore”, proclamou Caballero.

Así, crearase unha comisión de seguimento que determinará as actuacións que se van levar a cabo, que se reflectirán en convenios singulares e que se financiarán con cargo a unha partida orzamentaria para tal fin.

En todo caso, o alcalde lembrou que hai unha “actuación inmediata”, que levará a cabo á marxe deste convenio marco, e que é a instalación, na capela da Guía, dun ‘Sacro Corazón’ de Xesús de cinco metros de altura e unhas seis toneladas, doado pola Deputación de Pontevedra.

Respecto diso, Caballero apuntou que esa escultura, que se colocará a finais de ano, formaba parte do proxecto orixinal da capela, deseñado polo arquitecto Manuel Gómez Román, pero que nunca chegou a instalarse por problemas económicos. “Agora imos acabar a obra do ilustre arquitecto Gómez Román”, proclamou o rexedor.

DEMOLICIÓN DO ‘CAMALEÓN’

Por outra banda, o alcalde tamén informou de que “xa está preparado” o proxecto de demolición das instalacións da antiga cafetaría Camaleón, no paseo da praia de Samil. A derriba contará 110.000 euros e ten un prazo de execución dun mes.

Abel Caballero explicou que, nese espazo, haberá “unha nova zona verde” e que se está estudando a posibilidade dunha concesión, “respectuosa” coa contorna, para dar “servizo” aos usuarios da praia e o paseo. “Xa non queremos mamotretos, senón edificios liviáns”, puntualizou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...