InicioSociedadeA falta de xurado impide celebrar o xuízo por suborno contra un...

A falta de xurado impide celebrar o xuízo por suborno contra un construtor e un funcionario de Vigo

A Fiscalía cre que o empresario pagou servizos de prostitución ao traballador público a cambio de beneficios en adxudicacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuízo contra o xerente da construtora Eiriña e contra un alto funcionario do Concello de Vigo, acusados de suborno e que se ía celebrar esta semana na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, quedou suspendido ao non poder completarse o número de candidatos a formar parte do tribunal de xurado.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na xornada deste luns non compareceron dúas das 20 persoas que foron citadas para facer a selección do tribunal popular, polo que a vista foi suspendida e sinalouse o inicio do xuízo para o próximo 15 de decembro.

Este caso deriva dunha das pezas separadas da coñecida como Operación Patos, que investigou supostos amaños, prevaricación, tráfico de influencias e outros delitos, en relación coa adxudicación de obras públicas en Vigo, Pontevedra e outras localidades da provincia.

No xuízo previsto para esta semana íanse sentar no banco un empresario, Enrique A.P., considerado polos investigadores o ‘conseguidor’ desta trama, e o funcionario Álvaro C.C., xefe de servizo do departamento de Fomento (Vías e Obras) do Concello de Vigo. Ambos están acusados dun suposto delito de suborno e a Fiscalía pide para o empresario 9 meses de prisión; e un ano de cárcere e tres anos de inhabilitación para o traballador público.

Segundo sostén o ministerio fiscal, o funcionario tivo polo menos dúas citas con prostitutas, en 2013 e 2014, que foron concertadas e pagas polo empresario. Eses servizos foron unha atención do construtor ao funcionario polo seu cargo e responsabilidade no Concello, onde participaba en procesos de adxudicación de obras.

ÚLTIMAS

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...

Zona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo acordou este martes a adxudicación, por...