InicioSociedadeVigo continúa a ser o principal foco de contaxio logo de sumar...

Vigo continúa a ser o principal foco de contaxio logo de sumar outros 171 casos

A taxa de positividade na área - 9,6% - está lonxe do limiar que establece a OMS para dar por controlada a pandemia - 5% -.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo continúa como principal foco de contaxio en Galicia con 171 novas infeccións detectadas, segundo consta nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do venres.

En canto aos casos activos –persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade–, este sábado baixaron da barreira dos 9.000 no conxunto de Galicia, ata situarse en 8.978. De feito, tan só ascenderon na área sanitaria de Vigo, con 2.388 pacientes de COVID (+8), e na de Pontevedra-O Salnés, con 1.242 (+7).

Tras a zona viguesa, a segunda que conta con máis casos activos é A Coruña-Cee, con 1.854 (15 menos que hai un día); seguida de Lugo-Monforte-A Mariña, con 1.139 (-55); Santiago-Barbanza, con 1.005 (-3); Ourense-Verín-O Barco, con 689 (-31); e Ferrol, con 661 (-19).

Galicia detectou 561 novos positivos por COVID-19 en 24 horas, máis dun centenar menos que o día anterior, co que rompe a tendencia á alza observada nas últimas dúas xornadas. Isto é así grazas aos descensos que rexistraron a maioría de área sanitarias, fóra de Vigo e A Coruña-Cee, que subiron lixeiramente, e Pontevedra-O Salnés, que se mantivo.

CONTAXIOS POR CONCELLOS NOS ÚLTIMOS 14 DÍAS

Por primeira vez, a Xunta de Galicia ofrece este sábado datos municipais, unha información que negou ao longo da pandemia. Aínda así, Sanidade só ofrece os casos localizados nos últimos 14 díaz e non indica cifras concretas (senón aproximadas). sobre incidencia a 100.000 habitantes.

O que pode desprenderse desta nova información con respecto a esta área sanitaria é que o concello de Vigo rexistrou nas últimas dúas semanas un total de 1.079 contaxios. O seguinte municipio máis afectado é Mos, que contabilizou 205. Despois sitúase Redondela cun total de 111, O Porriño con 97 e Moaña con 77. Poden comprobarse todos os datos por concellos na páxina web de información sobre coronavirus da Consellería de Sanidade.

PCR E POSITIVIDADE

Todos estes casos xurdiron por mor da realización, no conxunto de Galicia, de 7.089 PCR realizadas en 24 horas, unhas 200 máis que o día anterior e que situaron o total desde o inicio da pandemia en 840.867 probas. Iso si, a positividad baixou considerablemente, ata o 8,6%.

Isto significa que Galicia aínda supera o limiar do 5% marcado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Todas as áreas sanitarias superan esta porcentaxe, con Pontevedra liderando co 13% de positividade, seguida de Ferrol (10,4%), Vigo (9,6%), Lugo (8,7%), Santiago (7,5%), Ourense (6,7%) e A Coruña (5,2%).

HOSPITALIZADOS

No que respecta ás persoas hospitalizadas, na área de Vigo prodúcese unha caída de dous díxitos. Son 12 menos os ingresados respecto ao venres ata quedar en 88, dos que 25 están en críticos –un máis– e 63 en planta –13 menos–. En toda Galicia, baixan a 534 os pacientes en hospitais e mantéñense en 96 os que están en Unidades de Coidados Intensivos.

 

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...